PERO
volvendo ao formigueiro que boligaba en Santiago, escusado é dicir que
cada vez os ánimos estaban mais alpurizados e cada vez mais degaxaban
por chegar ao logro dos seus intentos. Non se creya por eso que a causa
do Arcebispo escaseaba no pueblo de partidarios e valedores; mais, poI-o
mismo, a puna e discordia era moito acesa e empeñada, pois moitos
apáticos e indiferentes por xénio e condiçon, e outros que estaban entre
duas a veer viir as cousas, dicidíanse ao cabo poI-os do ConceIlo, xa
que vían que todo Iles saía a pedir de boca.
[páx. 144]
Sobre das escaleiras da Quintán, onde entonces estaban as casas
do Consistorio, víanse a todas horas recovaxes de xente parolando de
moito recotete, no intre que os Rexidores xuntábanse alá dentro para
discurrir e argallar pol-a sua conta. Había un oso que os facía
desquerer e que se vían e se deseaban para roelo. Era o modo de facer
peletres para levar adiante os preitos que estaban pendentes, moormente,
en Valladolí. Para elo celebraron moitas sesios ensaminaron e
discutiron moitos proyeutos, e ao fin tuveron que agarrarse ao que
propuxera Vasco de Viveiro. Antes, por eso, houbo unha sesión moyto
acalorada, na cal se obrigaron, baixo xuramento a non revelar nada do
que alí se acordase. Presideu, como de costume, Froitoso de UlIoa, o
cual, con aquela xorna e con aquela suavidá que lIe era propia, espuxo
os apuros en que se hachaba o Concello, que todol-os afás, todol-os
esforzos, todol-os sacrificios, todal-as moitas e grandes avantaxes
hastra entonces outidas, todal-as esperanzas, en fin, estaban pendentes
d' un pelo, e si este pelo rabiaba, alá iba a obra de tantos homes,
levantada a tanta custa. «E pois que o señor Arcebispo, continuou, dou
o seu consentimento para siguir os preitos, douno tamen para que
[páx. 145]
poudésemos pidir os medios a este fin conducentes; que de outro
modo a sua licencia era vaa e sin proveito. Vexamos poI-o mesmo
cómo habemos de arbitrar recursos para siguir adiante ca nosa, empresa,
si non queremos facer a maa figura d 'aquel que se puxo con moita fuga a
costruir a casa, e cando non lle faltaba mais que tellala, tuvo que
parar ca obra porque se fixo de cargo de que non tiña cumquibus.»
Marraba da xunta Vasco de Viveiro, que ainda estaba en Noya por
mor dos franceses. Tomou a palabra Xácome Yañez, procurador do
Concello, o que, sin mais arrodeos, propuxo que o único remédeo de
salir do atolladeiro, era botar un reparto entre os viciños.
Alguns dos que estaban presentes, así que ouviron a
proposiçon miraron para o chao, como quen quer consultar o caso, hastra
que saleu Xan d' Outeiro e dixo:
O reparto está ben; o malo é recaudalo.
E logo saltou Alonso Perez ¿para qué nos puxemos ao
preito? ¿Non somos todos uns para os beneficios? Pois o que está aas
maduras, tamen ten que estar aas duras.
Eso non ten traza ouservou Froitoso Galos
porque sería un
auto xuridicional, é decir, que xa somos o que pretendemos ser.
[páx. 146]
Si se cobran todal-as deudas que ten o
Concello añadeu
Fernan Bravo, o cuñado do Arcebispo ay abondo para pagar os preitos.
Si non hay traza, dáselle; repricou Outeiro, que era un vello
fungón e en canto aas deudas, ainda está por ver si as hay ou non.
E logo que son os 200.000 mrs. que debe Pero Sanchez de
Parga? preguntou Fernán Bravo e os 118.000 que deben outros?
Si sua mercé os fay boos, apuntou Xan Lopez de
Cangas sinte as gracias, ainda se lle pode dar un lucido aguinaldo.
¡Boos che están os 200.000 mrs. de Pero
Sanchez! dixo Alonso
Perez, torcendo a cabeza para un lado e os 118.000 mrs. que diz que debe
Froitoso de Ulloa, non sey, cando se igualen e liquiden as contas, quen
a quen tendrá que pagar.
E dígame sua mercé insisteu Fernán
Bravo ¿os 190.000 mrs.
que ten de xuros a cidá, poI-a baixa, e os cuarenta e tantos mil de
propios cada ano, non chegarán para os preitos, xa que suas mercedes se
empeñan en preitear?
Chegarían nefeuto respondeu Alonso Perez
si a
cidá non
tiver que pagar o que paga. Bótelle, sua mercé, os servicios ordinario
e estraordinario que ten que pagar a S. M. el
[páx. 147]
Rey, e que uns anos son mais e outros menos; bótelle os 52.200 mrs.
poI-a mula do Sr. Arcebispo; (e, esto dicindo, cargou ben as
últimas sílabas); bótelle os dous mil e tantos mrs. que paga ao
Colegio de Fonseca para a festa de Pascua; bótelle os 500 mrs. pares de
brancas da Capilla dos Reis; e despois arrímelle os salarios dos
procuradores, dos letrados, do médico, do reloxeiro, do porteiro, dos
escribanos, do veedor, do ziruxano, do campaneiro, do verdugo,
etcetera...., e logo vote a conta para ver canto lle queda para os preitos.
En últemo resultado dixo Lopez de Cángas
o reparto, si se fay,
e para unha vez, e, por verse un libre de cangas, me parece que pode
darse por ben empregado; que o que moito vale, moito custa.
Deixe sua mercé repuxo Fernán Bravo
que cangas non lIe han de
faltare.
En todo caso a teer e teer saleu Alonso
Perez e mellor
teer as que a un lle praçan, e, ascomasi, o mudar de postura sempre lle
ven ben a quen se doe.
En esto Roy Martis de Carballido, que hastra entonces tivera
os labeos pechados, levantouse con ímpitu e:
Si non-o vira por estos meus mesmos
[páx. 148]
ollos dixo non criiría o que está pasando. Parece mentira que
tratándose como se trata de unha cousa que tanto redunda, no pro comun
que tanto a todos intresa, esteamos descurrindo moito ao xeito, que pra
elo lezer temos, ¡si debemos ou non sacar da bulsa uns cantos maravedís!
Parez mentira que, cando chegou a hora de guindar ben alto o xugo que
nos afrenta, á hora de facernos donos de nos mismos e señores da nosa
casa, á hora de sermos como outros pobos e cidades álbredos de
gobernarnos sin mais serventía que a del Rey, á hora, en fin,
de escorrentar as sombras que nos anubran e asovallan, nos poñamos moy
sentados e repantigados a ensaminar e debatir si será conveniente e proveitoso
soltar algunhas moedas. ¿Para qué quero eu o diñeiro, si non ha de
servir pra comprar a miña libertá e a miña denidá? Podra seer vosa a
miña bulsa, aspirantes a paxes do Arcebispo, a miña denidá e a do
concello non podrá selo nunca.»
Ao que os demais Rexidores ouviron esto, armouse alí tal
algareo e enterquenencia, que parecía aquelo un mercado. ¡Tantos eran
os berros e ós apopeos que se dirixían uns a autros! Ao fin, cansados
de dar aa léngoa e gastar saliva, foron mainando, e entonces Froitoso
de
[páx. 149]
Ulloa, esforzándose por parecer moy grave e formal:
Deixémonos, señores dixo de leria e razoamentos que
soilo estarán ben n' outras bocas. Espoña cada un o seu voto e
parecer, como Dios manda.
Tiveron a palabra alguns outros, e, ao último, falou Rodrigo de
Bendaña, que se espresou asi:
Posto que habemos de siguir os preitos, cae de seu peso
que temos que xuntar os diñeiros pra pagar as custas e misióos que se
acasionan. Pero non é esto o que agora me obriga a falar. Ouvin aquí
cousas moito graves, que eu non quero, nin debo deixar sin a miña
protesta. Fálase moito de dinidá, moito de libertá, moito de
esençon de serventías, moito de privilexios, moito de imunidades; ben
está, pero eu non sei qué íbamos a facer con tantas cousas; e non se
ofendan suas mercedes, e eu o primeiro, co que vou a dicir: Señores, eu
vou a Frandes e vexo grandes obras levadas a cabo poI-os Concellos; vexo
grandes casas consistoriales, grandes lonxas, grandes portos. Vou a Francia
e vexo, supoñamos na Rochela, grandes pontes, grandes
castelos levantados en boa parte poI-o Rexemento. Vou a Inglaterra e
vexo
[páx. 150]
o mesmo. Vou a Italia, e o mesmo, e ainda mais, vexo que os Concellos
concértanse a boo precio con maestres de todal-as cencias, e fundan e
dotan escolas e Estudios xeeraes. Ben sey que se me dirá que nos non
podemos facer eses milagres, porque suxetos como estamos a señorío
alleo, non podemos ter iniciativa para esas cousas. Mais, a xuzgar
pol-o que facemos cando se trata de obras que nos por nos mesmos
podemos facer, sin necesidá de contar con naide,moito me recelo de
que chegásemos nunca a ganar o nome de empresarios e costrutores. Pol-as voltas e xemas que nos costa facer que deite unha mala fonte, ou
empedrar unha triste calle, poden suas mercedes botal-as contas do que
faríamos si fósemos donos de nos mesmos e señores da nosa casa. Son
ben seguro de que noso señor el Rey e ainda os Arcebispos, non se
asañarían de que o folgo que gastamos en palique, o empregáramos en
obras grandiosas e de proveito, e de que mostráramos aititú e sabencia
para gobernar non solo a cibdá, sinon ainda o Reino. PoI-o que eu
para min teño, que o mellor camiño para outeer privilexos, libertades
e esenç;oos, é facerse dinos delas;
Pero en qué quedamos, sua mercé ¿vota poI-o reparto, ou
non?
[páx. 151]
Non voto pol-o reparto, porque paresme que non fai falla, a lo
menos mentras haxa alguns fondos que creyo que debe haber.
Froitoso de Ulloa, vendo que non se reunían votos
bastantes para tomar acordo, como quen non quere a cousa, pasou a outro
asunto, e dixo:
Aquí hay unha carta do Procurador de Valladolí,
Francisco Gamarra, en que dis que é moy conveniente, para o boo manexo
do preito, que se mande un apoderado especial, podendo ser, de corpore
concilii. Suas mercedes diran a quen se ha de nombrar.
O Procurador do concello propuxo a Vasco de Vibeiro,
o cual, despois de alguns altos e baixos, saleu, por eso, nombrado por
mayoría.
Con estos e outros debates (e o que vimos non era mais que unha sombra
dos que a diario se armaban), cada vez se foy afondando mais o abismo que separaba aos dous partidos. Tan empenchados se hachaban os
ánimos, que alguns dos rexidores, partidarios do Arcebispo, non podían
sair aa calle sin que os insultasen e apoupasen. Mormente a Rodrigo de
Bendaña non-o podían ver, e contra el concentrábase toda a rabia e
rencor dos conxurados. Chamábanlle lambe fariñas da casa do
Arcebispo, e
[páx. 152]
outro alcumes máis sonroxantes e inxuriosos. A verdá era que Rodrigo de Bendaña nin lambía as
fariñas da casa do Arcebispo, nin as de naide, pero, cando chegaba o caso,
cantaba as verdades
claras, e esto non-o aguantaban eles.
Pero o pan hay que partilo a
todol-os coitelos; o Arcebispo, ainda que de natural reuto e austero,
era unha santa criatura, e de tal maneira sabía canxar nos casos
particulares a xustiça ca beninidá que ninguen que tivese que tratar
con él, saía lastimado e sentido. Mais os seus familiares, entendendo que así interpretaban
mellor as suas intenciós, sempre
poñían por diante a xusticia e a reutitú. Todo, o querían levar a
raxa tabla, e, en miudencias de nada, mostraban a misma severidá e a
misma gravedá que si se tratara de morte d' home. Por eso todol-os
días había novas queixas; novos ruídos, novos levantes, navas debates; e os que pensaban con esto dar gusto ao Arcebispo, non facían
máis que proporcionarlle novos quebradeiros de cabeza, e
poñerlle o corazon mais negro que un chamizo.
|